Sunday 12 de May de 2024

A Xunta asiste ao acto de entrega de novo material a Portugal no marco do Proxecto Ariem 112 de cooperación transfronteiriza


No acto de hoxe, foron entregados 332 terminais TETRA, 732 racores, 4.450 detectores de fume., 55 equipos de respiración autónoma e 1 cámara térmica, cofinanciados nun 75 por cento polo POCTEP

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asistiu hoxe ao acto de entrega do equipamento no marco do Proxecto Ariem 112 a Portugal, polo cal foron entregados 332 terminais TETRA, 732 racores, 4.450 detectores de fume, 55 equipos de respiración autónoma e 1 cámara térmica, grazas aos cal reforzanse a atención ás emerxencias na zona transfronteiriza en beneficio dos cidadáns de ambos lados da frontera, estando así mellor preparados para facer fronte a calquera emerxencia que poida xurdir e ofrece así unha mellor resposta.

Ao acto de entrega que tivo lugar na antiga Alfándega de Valença do Minho, asistiron tamén o vicepresidente da CCDRn, Carlos Neves; o Presidente da cámara de Valença do Minho, o Alcalde de Tui, o director do INEM de Portugal da Región Norte, o Subcomissário da PSP do Porto, o responsable da GNR de Viana do Castelo e Paulo Esteves Tcor da ANPC de Portugal; ademais do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor e o xerente da AXEGA, Juan José Muñoz.

As comunicacións constitúen un elemento clave para a xestión das Emerxencias, polo que os 332 terminales de comunicacións móbiles dixitais Tetra para emerxencias en Zona ARIEM-112, permitirán aseguran a mellor comunicación en situacións de emerxencia gracias a súa tecnoloxía, coma sistema estándar de comunicacións definido polo Instituto Europeo de Estándares de Telecomunicación. Tanto en Galicia coma en Portugal está operativa unha rede de comunicacións baseadas en estándar TETRA, o que permitirá configurar unha rede de comunicación móbiles común para a zona ARIEM-112, polo que se implanta así unha canle común de comunicacións para grandes emerxencias na zona transfronteriza.

Os 732 Adaptadores de racores de mangueras contraincendios entregados hoxe facilitará o traballo conxunto dos diversos servizos de emerxencias de ambos lados da fronteira para a protección dos cidadáns, xa que a adquisición de adaptadores que permitan a unión de mangueiras e hidrantes permitirá que equipos contraincendios de ambos lados da fronteira podan traballar conxuntamente.

Foron entregados tamén 4.450 Detectores de Incendios domésticos e 55 equipos de Respiración Autónomos, ademais dunha Cámara de Visión Termográfica Custo, para o seu uso naquelas emerxencias onde o persoal do grupo de intervención precise usar ferramentas técnicas de última xeración para poder orientarse nun incendio, cando o lume, o fumo e a oscuridade non permiten localizar as posibles víctimas aos membros do propio equipo de intervención, así como na búsqueda de puntos quentes, focos de ocultos, localización de capas de gases e outros perigos.

ARIEM 112
O proxecto Asistencia Recíproca Interrexional en materia de emerxencias, ARIEM 112, é un programa de actuación integral que favorece a asistencia recíproca, inmediata e conxunta optimizando medios e recursos, o que se traduce nunha minoración dos tempos de resposta e na xestión eficaz da emerxencia, calquera que sexa o lugar onde xurda a incidencia. A beneficiaria principal e cabeza do proxecto é a Axencia Galega de Emerxencias, Axega.

Engloba a máis de cen concellos, preto de 600.000 habitantes e unha extensión de case 17.000 quilómetros cadrados, que agora están atendidos no eido das emerxencia por máis de 1.100 efectivos, contando protección civil, e bombeiros das tres rexións, entre outros.

O Proxecto Europeo ARIEM-112 (Asistencia Recíproca Interrexional en Materia de Emerxencias) é un proxecto de carácter multirrexional enmarcado dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), que ten como obxectivo principal o establecemento de un mecanismo de colaboración entre os Centros 112 que xestionan e mobilizan recursos de emerxencias nas zonas transfronteirizas implicadas de Galicia, Castela-León e Norte de Portugal, mediante a implantación de ferramentas comúns informáticas e de telecomunicacións, a formación conxunta e a implantación de protocolos de intervención comúns.